www.TerradeLemos.com

...el portal de la comarca de Lemos

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
NOTICIAS TerraDeLemos

XIII FESTA DOS MAIORES

SOBER PREPARA A XIII FESTA DOS MAIORES CON MUSICA E HUMOR PARA O SABADO 26 DE MAIO.

O Concello de Sober está ultimando o programa de actos para a celebración da FESTA DOS MAIORES, que nesta ocasión chega a súa XIII edición. A celebración terá lugar no Pavillón Polideportivo do Colexio Virxe do Carme de Sober o sábado día 26 de Maio.

Dende o departamento de Servicos Sociais, estase mimando o programa de actos, que este ano por primeira vez contaran con unha Misa Solemne, tras esa misa que terá lugar as 13.30 horas, o humorista Campurro fará a sua primeira actuación para abrir boca os comensais. A comida contará con un menú a base de empanada, pulpo a feira e carne asada con pimentos, o postre será larpeira rechea; como non, estos manxares estarán regados con viño da subzona de Amandi, dentro da D.O. Ribeira Sacra.

Unha vez finalizado o xantar, volverá actuar Campurro e cerrarase a festa con un sorteo de un centenar de agasallos entre os participantes e un baile con un Grupo Musical. Esta previsto facer entrega de un obsequio especial de entre os asistentes a muller mais vella o home mais vello e a parexa con mais anos de matrimonio.

Foron convidados a esta festa todolos concelleiros que integran a corporación municipal de Sober.

A festa esperase a sistencia de mais de 300 persoas e haberá servizo gratuito de autobuses dende diferentes puntos do concello.

O prezo establecido por comensal e de 9 euros e a inscripción poderá facerse nas oficinas do Concello ou da Casa da Cultura de Sober, ou chamando os teléfonos 982460001e 982460513.


 

Exposición Pequena ollada ás Letras de Lemos

Dende o 8 ao 23 de maio de 2012, dentro da programación cultural co gallo do Día das Letras Galegas, poderá visitarse na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Monforte de Lemos a mostra “Pequena ollada ás Letras de Lemos”.

Na mostra, na que se pretende ofrecer unha pequena aproximación á rica relación de Monforte e a Terra de Lemos coa literatura, recóllense textos e libros preferentemente de carácter literario, relacionados fundamentalmente co Concello de Monforte de Lemos, pero tamén con outros concellos da Comarca de Terra de Lemos (Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober).

Moitos libros inclúense na exposición pola relación persoal ou familiar da autora ou do autor con Monforte e a Terra de Lemos. Outros relaciónanse coa nosa comarca a través da súa temática e outros por editarse en Monforte ou por ter apoiado a súa edición administracións locais da comarca.

A partir dos textos que se expoñen, procedentes da Biblioteca Pública Municipal de Monforte de Lemos, Biblioteca Pública Municipal de Sober e bibliotecas particulares, estruturouse a exposición en once seccións que son: Terra de Lemos e a literatura galega medieval, Terra de Lemos e a literatura galega na época moderna, Terra de Lemos e a literatura galega no século XIX, Terra de Lemos e a literatura galega de 1901 a 1936, Terra de Lemos e a literatura galega de 1936 a 1975, Terra de Lemos e a literatura galega na actualidade, literatura popular, a coroa de lume e Inés de Castro, os señores e os condes de Lemos e a literatura, outros textos e libros vinculados coa Terra de Lemos e o Concello de Monforte de Lemos e os seus libros.

Na mostra poderán verse aproximadamente un cento de libros e textos pertencentes a máis de setenta autoras e autores individuais e colectivos. Invítase tamén aos visitantes a que acheguen os seus coñecementos sobre o tema para enriquecer con eles a exposición.


 

Letras Galegas

Letras Galegas: Programación da Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos.

A Delegación de Cultura Normalización do Concello de Monforte de Lemos organiza unha serie de actividades co gallo das Letras Galegas 2012 que se sinalan a continuación:

Exposición “Pequena Ollada ás Letras de Lemos”na Sala de Exposicións da Casa da Cultura do 8 ao 23 de maio.

Rutas:

-Rutas histórico -literarias por Monforte para alumnado de educación secundaria dos centros de ensino da cidade nos meses de abril e maio.

-Ruta Coñece Monforte para alumnado de educación primaria dos centros de ensino de Monforte nos meses de abril e maio.

Certame de Narración Infantil Letras Galegas 2012:

Tema: a superstición. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos.

Certame de Debuxo Infantil Letras Galegas 2012:

Tema: a superstición. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos.

Espectáculo Teatral:

Talía Teatro con Pelos na lingua,mércores 9 de maio ás 20:15 h no Edificio Multiusos.

Correlingua 2012- Ribeira Sacra

Carreira non competitiva de alumnos de centros de ensino dende San Vicente ata a praza da Compañía. Logo haberá diferentes actividades relacionadas coa lingua. Martes 15 de maio ás 11:00 h.

Lectura do manifesto “Vitaminas para o galego”

Mércores 16 de maio: ás 12:00 na Casa da Cultura para Centros de Ensino e ás 17:00 h na Casa do Concello.

Conferencia

“A historia da lingua desde os comezos da democracia” impartida por Carlos Outeiro, Vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Venres 18 de maio ás 20:15 h na Casa da Cultura.

Festival das Letras Galegas: Grupo de Percusión da Banda de Gaitas, Banda de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos, Grupo de Cantareiras e Pandeireteiras do Concello de Monforte, Grupo de Baile tradicional do Concello de Monforte, Amigos da Pandeireta. Xoves 17 de maio no Edificio Multiusos ás 17:00 h.


 

SOBER, ACTIVIDADE CULTURAL EN ABRIL e MAIO

O Concello de Sober, deu inicio a Abril con unha moi ampla actividade cultural que continuará en Maio e se pechará a principios de Xuño e que terá como principais protgonistas os libros.

O pasado 2 de Abril (Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil), deuse lectura na biblioteca municipal ao manifesto do escritor Francisco Hinojosa e fixose un Bookcossing por diferentes lugares emblemáticos do Concello de Sober, (Cadeiras, Os Chancis, Miradoiros, Prazas da capitalidade municipal, etc.).

Para o 13 de Abril está prevista a actuación da Compañía Trinke Trinke dentro do programa Letras Vivas que patrocinan a Conselleria de Cultura e Educación e o Concello de Sober.

O 20 de Abril celebrarase o Día Internacional do Libro (que se correspondería co 23), coa actividade "ESCOLLE UN LIBRO", asi durante toda a xornada instalarase un posto no Centro Sociocultural de Sober, onde cada persoa poderá elixir un libro de agasallo, ao tempo ese día Lorena Dominguez Losada interpretará "Teatro con sombras".

O 27 de Abril celebrarase un Obradoiro de Teatro para nenos.

O 4 de Maio abrirase o Concurso de debuxo e narración Letras Galegas 2012.

O 5 de Maio dentro do programa Primavera Musical de Xuventudes Musicais de Sober o Cuarteto de Saxos Art Sound ofrecerá un concerto.

Para o 11 de Maio e dentro do programa Letras Vivas poderase participar na actividade "Adiviñanceiro Popular Galego".

O 18 de Maio faraxe un callage sobre Valentin Paz Andrade, figura a que se adica o "Dia das Letras Galegas".

O 25 de Maio novo Obradoiro de Teatro para nenos.

O 1 de Xuño entregaranse os premios dos concursos de debuxo e narración.

Todas as actividades menos o concerto de Xuventudes Musicais serán as 5 da tarde na Biblioteca Publica Municipal de Sober. O concerto será as 8 da tarde no escenario que se indicará próximamente.


 

Escola Municipal de Música e Danza

No presente curso escolar a Escola de Música e Danza do Concello de Monforte de Lemos desenvolve as súas clases no Edificio Multiusos. Haberá, unha vez máis, unha ampla variedade de posibilidades de estudos de diferentes instrumentos musicais dentro da escola de gaita, percusión tradicional, acordeón, danza tradicional, música e corda. Na sección de música poden recibirse ensinanzas de vento madeira e vento metal. Na sección de corda poden recibirse ensinanzas de: bandurra, laúde, guitarra española, guitarra eléctrica e teclado.

A continuación sinálanse osprofesores de cada escola.

Emilio Estévez Núñez, profesor das escolas de gaita, percusión tradicional e acordeón.

Teresa Álvarez Rodríguez, profesora da escola de danza tradicional.

Fernando Sanmartino Pérez, profesor da escola de música -vento madeira- e da Coral Polifónica de Monforte.

Aquilino Piñeiro Costas, profesor da escola de música -vento metal.

Alberto Loureiro Casas, profesor da escola de música -vento madeira.

José Luis Nieves Vila, profesor da escola de corda.

A matriculación na Escola de Música e Danza do Concello de Monforte de Lemos pode realizarse ao longo de todo o curso escolar (dende outubro 2011 ata xuño de 2012).

Pode obterse máis información sobre as Escolas Municipais de Música e Danza do Concello de Monforte de Lemos na Delegación Municipal de Cultura (Casa do Concello. Praza de santo Antonio, teléfono 982402501), no Edificio Multiusos (Ronda María Emilia Casas Baamonde, teléfono 982403893) e na páxina web www.monfortedelemos.es. Tamén se pode solicitar información a través de correo electrónico ( Esta dirección electrónica esta protegida contra spambots. Es necesario activar Javascript para visualizarla ).

 
Más artículos...


Página 1 de 2

El Tiempo en Monforte
18-05-2012    19:46
Temperatura 15.8ºC
Humedad 66%
Presión 972.0 mb
Viento 0 Km/h
S
Sens.Térmica 15.8ºC
Lluvia 24h 0mm

Hoteles de Lugo